Posicionamento SEO · SEO local · Google Business Profile

Que te atopen antes que á competencia.

Ter unha web non abonda: ten que aparecer en Google cando un cliente busca o que vendes na túa zona. Traballamos o teu SEO local, os teus contidos e a túa ficha de Google para atraer visitas que se converten en chamadas e vendas.

Analizar a miña web de baldeComo traballamos

Que facemos

SEO feito por profesionais do márketing dixital.

01

Estudo de palabras clave

Descubrimos que buscan os teus clientes en Lugo e Galicia e con que palabras.

02

Optimización da túa web

Títulos, descricións, velocidade, estrutura e todo o que Google precisa para entenderte.

03

Contidos de calidade

Páxinas e artigos útiles que responden ás buscas reais do teu público.

04

Ligazóns de autoridade

Mencións en webs relacionadas co teu sector e a túa zona que reforzan a túa posición.

05

Google Business Profile

A túa ficha completa e activa para aparecer no mapa e nas buscas locais.

06

Campañas SEM

Anuncios en Google para captar clientes desde o primeiro día mentres medra o SEO.

Resultados

O SEO é un investimento a medio prazo.

Cun bo traballo, a túa marca pode aparecer en Google polo seu propio nome nuns dous meses; as buscas máis competidas requiren máis tempo e constancia. Cada mes explicámosche que fixemos e como evolucionan as túas visitas.

Non só pensamos en Google: tamén optimizamos para Bing e outros buscadores. E se a túa web precisa unha renovación para competir, facémola co noso deseño web en Lugo.

Preguntas frecuentes

Dúbidas sobre posicionamento web

Canto custa o SEO local?

O noso SEO local comeza en 150 € ao mes, IVE incluído. O prezo exacto depende da zona, da competencia do teu sector e do punto de partida da túa web e da túa ficha de Google.

Canto tardan en verse os resultados?

A túa marca pode aparecer polo seu nome nuns dous meses. Posicionar buscas xenéricas leva máis tempo e depende da competencia.

Que diferenza hai entre SEO e SEM?

O SEO traballa a aparición gratuíta nos resultados de busca e dá froitos duradeiros. O SEM son anuncios de pagamento que xeran visitas inmediatas mentres dure a campaña.

Onde apareces hoxe en Google?

Analizamos a túa web e dicímosche que mellorar, sen compromiso.

Analizar a miña web
WhatsApp