Páxina web corporativa
Presenta a túa empresa, servizos e instalacións cunha imaxe profesional e un formulario que xera contactos.
Deseño web · Galicia e toda España
Creamos webs corporativas, tendas en liña e webs con reservas para empresas, comercios e aloxamentos de Galicia. Deseño á medida, adaptado ao móbil e preparado desde o primeiro día para aparecer en Google.
Tipos de proxecto
Presenta a túa empresa, servizos e instalacións cunha imaxe profesional e un formulario que xera contactos.
Vende por internet con catálogo, pagos seguros e xestión de pedidos. Especialistas en PrestaShop e WordPress.
Web de hotel, hostal ou albergue con motor de reservas directas sincronizado con Booking.
Reservas sen comisión →Por que á medida
A maioría dos teus clientes buscarante desde o móbil, así que cada web que deseñamos vese e funciona igual de ben en calquera pantalla. Cargamos rápido, porque Google premia a velocidade e os teus visitantes tamén.
Estruturamos os contidos pensando no que buscan os teus clientes en Lugo e en Galicia: títulos, textos e páxinas de servizo orientadas a buscas reais. Así a túa web empeza a posicionar desde o lanzamento e podes reforzala co noso posicionamento SEO.
Deseñadores gráficos e programadores traballan xuntos no teu proxecto, e ti participas en cada decisión: tipografías, cores, imaxes e textos.
Como traballamos
Estudamos o teu negocio e dámosche un prezo axustado.
Partimos de webs que che gusten ou de varias propostas nosas.
Construímos a web e revísala nun URL privado.
Lanzámola optimizada e lista para medrar en Google.
Proxectos de deseño web
Pensión e restaurante con reservas en liña · pensiongarcia.es
Parrillada e pensión do Camiño en Samos · parrilladapensioncastro.es
Web de aloxamento con reservas en liña · pensionlemos.com
Actividades na natureza no Courel · piapaxaro.com
Distribución de alimentación e bebidas · cristogalicia.com
Rede cidadá polo interior galego · igv.gal
Guía turística do Courel · viaxaocourel.es
Asociación xuvenil do Courel · buracadasgrellas.es
Preguntas frecuentes
Depende das seccións, de se leva tenda en liña, reservas ou varios idiomas. Tras analizar o teu proxecto dámosche un orzamento pechado e sen compromiso. As nosas tarifas están entre as máis axustadas do mercado.
WordPress é ideal para webs corporativas, blogs e webs de aloxamentos. PrestaShop é unha plataforma pensada para tendas en liña con moitos produtos. Recomendámosche a que mellor encaixe co teu negocio.
Si. Entregamos a web cun panel de xestión para que cambies textos, fotos ou produtos cando queiras, e seguimos ao teu lado para o que precises.
Toda web sae con SEO on-page básico. Para competir por buscas concretas en Lugo ou Galicia, recomendamos o noso servizo de SEO local.
Cóntanos o teu proxecto e enviámosche unha proposta sen compromiso.
Asistente de Informáticos Galicia
Ola. Son o asistente de Informáticos Galicia. Pregúntame o que queiras sobre webs, reservas, cámaras, redes, ciberseguridade ou automatización.
Asistente automático. Para o teu caso concreto, atenderate unha persoa por WhatsApp.