Mantemento informático · provincia de Lugo

O teu departamento informático, sen telo en nómina.

Somos o teu departamento informático externo e instalamos a túa rede. Coidamos ordenadores, servidores, redes e copias de seguridade para que a túa actividade non se pare, sen custos de persoal nin infraestrutura.

Pedir prezo sen compromisoQue inclúe

Para pemes · xestorías · autónomos · hoteis · casas rurais · gandarías · tendas · industria

Mantemento de equipos

Revisións periódicas para evitar avarías. Se un equipo xa non compensa, substituímolo por pezas ou por un novo, segundo prefiras.

Redes e servidores

Rede con cable ou wifi, servidores con SAI, copias de seguridade regulares, antivirus e actualizacións ao día.

Soporte remoto

Conectámonos ao teu equipo desde as nosas instalacións e resolvemos a incidencia ao momento.

Programas á medida

Desenvolvemos aplicacións adaptadas a como traballa a túa empresa.

Instalacións

Redes que funcionan desde o primeiro cable.

Ademais do mantemento, instalamos a rede da túa empresa, oficina ou negocio na provincia de Lugo.

Cableado de rede

Instalación de cableado de rede para oficinas, naves e comercios.

Tomas de rede

Puntos de rede onde os precises: postos de traballo, cámaras ou TPV.

Repetidores wifi profesionais

Cobertura wifi estable en todo o local, sen zonas mortas.

Armarios rack

Equipos de rede e servidores ordenados, protexidos e accesibles.

Fibra óptica interna

Conexións de alta velocidade entre plantas, naves ou edificios.

Centraliñas e telefonía IP

Telefonía de empresa a través de internet, con extensións e desvíos.

Precisas levar internet a quilómetros? Mira os nosos enlaces wifi de longa distancia →

Servizo de proximidade

Rápidos porque estamos preto.

Para garantir calidade e rapidez, o mantemento presencial só o ofrecemos na provincia de Lugo. Se é urxente, actuamos en menos de 24 horas segundo a gravidade, con equipos de substitución se fai falta.

< 24 hen incidencias urxentes
Remotoasistencia inmediata sen desprazamento
In situen toda a provincia de Lugo
Á medidacontrato segundo os teus equipos e necesidades

Preguntas frecuentes

Dúbidas sobre o mantemento

Canto custa o mantemento informático?

Depende do número de equipos, servidores e do nivel de servizo que precises. Preparámosche un orzamento á medida sen compromiso.

Traballades con xestorías e asesorías?

Si, é un dos nosos perfís habituais. Coñecemos as súas necesidades de dispoñibilidade, copias de seguridade e protección de datos.

Inclúe ciberseguridade?

O mantemento inclúe antivirus, actualizacións e copias. Para unha protección completa, combínao cos nosos servizos de ciberseguridade para empresas.

Esquécete da informática.

Cóntanos cantos equipos tes e enviámosche unha proposta.

Pedir proposta
WhatsApp