Avaliación de riscos
Analizamos a túa infraestrutura, equipos e accesos para identificar puntos débiles.
Ciberseguridade para empresas · Galicia
Tanto ten onde estea o teu negocio: se se conecta a internet, pode ser obxectivo dun ataque. Detectamos as vulnerabilidades da túa rede e dos teus equipos, corrixímolas e preparamos o teu persoal para non caer en enganos.
A situación en Galicia
das empresas galegas sufriu algún incidente de ciberseguridade en 2025, sobre todo suplantacións de identidade, virus e ataques de denegación de servizo.
das empresas galegas con máis de 49 traballadores sufriu algún incidente en 2025.
dispositivos con problemas de seguridade detectados en 2024: Galicia é a sexta comunidade por IPs vulnerables.
Fontes: Osimga e IGE, Informe sobre a ciberseguridade nas empresas de Galicia (decembro de 2025); INCIBE, datos de 2024.
Servizos de ciberseguridade
Analizamos a túa infraestrutura, equipos e accesos para identificar puntos débiles.
Devasas, sistemas de detección de intrusións, antivirus e filtrado de spam.
Atacamos os teus sistemas de forma controlada para comprobar a súa resistencia real.
Boas prácticas para recoñecer o phishing e protexer contrasinais e datos.
Copias regulares e verificadas para recuperar a túa actividade se algo falla.
Axudámosche a cumprir os estándares de seguridade e protección de datos.
Ameazas máis comúns
Coñecer os ataques é o primeiro paso para frealos. Estes son os que vemos con máis frecuencia.
Preguntas frecuentes
Si. En 2025 máis do 15 % das empresas galegas sufriu algún incidente, e as pemes e xestorías son obxectivo frecuente porque adoitan estar menos protexidas. Un ataque pode paralizar a túa actividade durante días.
Desconecta da rede os equipos afectados e contacta connosco canto antes. Na provincia de Lugo atendemos urxencias en menos de 24 horas.
Si. Co noso mantemento informático para empresas mantemos actualizados equipos, antivirus e copias de forma continua.
Pide unha avaliación de riscos e explicámosche que mellorar, sen compromiso.
Asistente de Informáticos Galicia
Ola. Son o asistente de Informáticos Galicia. Pregúntame o que queiras sobre webs, reservas, cámaras, redes, ciberseguridade ou automatización.
Asistente automático. Para o teu caso concreto, atenderate unha persoa por WhatsApp.