Procesos administrativos
Facturas, orzamentos, albarás e rexistros que se xeran e arquivan sen teclear dúas veces.
Automatización de procesos · IA · integracións
Automatizamos procesos de empresa, tarefas cotiás e a domótica da túa casa ou negocio: facturas, orzamentos, correos, informes, reservas, luces ou climatización. Conectamos os programas que xa usas e aplicamos intelixencia artificial onde achega valor. Menos traballo manual, menos erros e máis tempo para o teu negocio.
Ferramentas coas que traballamos
Que automatizamos
Facturas, orzamentos, albarás e rexistros que se xeran e arquivan sen teclear dúas veces.
Conectamos a túa web, correo, follas de cálculo, CRM ou contabilidade para que os datos flúan sós.
Clasificación de correos, lectura de documentos e respostas a consultas frecuentes con IA.
Recibe cada semana as túas cifras clave ou un aviso cando algo require a túa atención.
Asistentes con IA na túa web e respostas guiadas por WhatsApp que derivan a unha persoa cando fai falta.
Reservas sincronizadas, facturación e parte de viaxeiros a SES.HOSPEDAJES sen intervención.
Reservas sen comisión →Lembranzas, copias, envíos e xestións do día a día que se fan soas.
Luces, climatización, persianas ou accesos que funcionan sós ou desde o móbil.
Exemplos
Cada empresa é distinta, pero estas son situacións típicas que se poden resolver sen cambiar a túa forma de traballar.
Como traballamos
Revisamos o teu día a día e localizamos as tarefas que máis tempo consomen.
Propoñemos a automatización cos programas que xa utilizas.
Poñémola en marcha e ensinámosche como funciona.
Revisamos resultados e axustamos para que siga aforrándoche tempo.
Preguntas frecuentes
Case calquera tarefa repetitiva que segue sempre os mesmos pasos: pasar datos dun programa a outro, xerar documentos, enviar avisos, clasificar correos ou preparar informes.
Normalmente non. Conectamos as ferramentas que xa usas sempre que o permitan; se algunha non o fai, propoñémosche alternativas.
Deseñamos cada automatización cos permisos xustos e respectando a protección de datos, e deixamos en mans dunha persoa as decisións importantes.
Depende do proceso e das ferramentas implicadas. Estudamos o teu caso sen compromiso e dámosche un orzamento pechado.
Cóntanola e dicímosche como automatizala, sen compromiso.
Asistente de Informáticos Galicia
Ola. Son o asistente de Informáticos Galicia. Pregúntame o que queiras sobre webs, reservas, cámaras, redes, ciberseguridade ou automatización.
Asistente automático. Para o teu caso concreto, atenderate unha persoa por WhatsApp.